LOGO dun cuarto de século de democracia recuperada Chile aínda non ten cicatrizadas as feridas dunha ditadura con protagonismo histórico nas últimas eleccións porque as dúas principais candidatas tiveron con ese período fortes vínculos, aínda que enfrontados, pois unha é filla dun xeneral torturado e asasinado pola xunta de Pinochet e outra, dun militar do mesmo rango que foi ministro co ditador. É o que teñen os réximes totalitarios, que deixan fendas difíciles de superar. En España, case 40 anos despois segue habendo traumas sen resolver ao quedar impunes barbaridades como as cometidas por torturadores como Billy el Niño, que agora con 67 anos pode vivir placidamente e correr maratóns por medio mundo sen nin sequera ter o castigo de que se saiban as atrocidades que protagonizou, porque aínda que legalmente quedara impune, polo menos debe levar o peso do desprezo público.
Buscar
Servicios
El Grupo
Más en Noticias
Dianteiro do Paradela
Adrián Regueiro López marcou o gol da vitoria do Paradela no tramo final
Redacción
25/sept./23 11:13
Centrocampista do Rácing Club Vilalbés
Carlos Fole, marcou o gol que lle deu a vitoria ao seu equipo sobre o asubío final
Redacción
25/sept./23 11:11
Noticias
Un frente poco activo dejará lluvias débiles en la mitad oeste de Galicia el lunes
Efe
25/sept./23 0:46
Comentarios