lunes. 23.05.2022 |
El tiempo
lunes. 23.05.2022
El tiempo

Qué tempos!

Xa se sabe que o verán é tempo de lecer no mais amplo sentido da palabra. E, para moita xente, as vacacións serven para se recrear coa lectura de obras dificiles de abordar nos dias de atafego profesional. Unhas cantas persoas, ainda novas, deron o outro dia cunha rareza bibliográfica: un manual de formación política, do ano 1940, titulado ‘Así quiero ser’, que lles chamou poderosamente a atención porque todos eles naceron con posterioridade á desaparición do ‘antigo réxime’.

 

O tomo é certamente curioso; editado en Burgos, está asinado por H.S.R. que debe corresponderse cos propios editores, que son ‘Hijos de Santiago Rodríguez’. Na sua imesidade de contidos de todo tipo, e explicacións dirixidas á xuventude, o capítulo dedicado aos poderes ábrese cun pensamento tan fondo coma este: «El poder lo tiene el que puede y no el que quiere» para seguir afirmando que os subordinados non temos mais misión que obedecer e sen discutir. «El que obedece no se equivoca nunca», o que non deixa de ser un alivio. Pregúntase despois perante quen responde o que ten o máximo poder; pois moi doado: «Dios y la Historia A Uno y otra dará cuenta. Lo demás no es de nuestra incumbencia». Máis adiante, ocúpase da distinción entre demófilos e demócratas: os primeiros aman o pobo e os segundos queren que se goberne a si mesmo, e por iso se inclina polos primeiros porque a xente non está preparada para se gobernar. No capítulo titulado ‘El pueblo’ comeza por facer unha sesuda incursión no mundo da filoloxia: «La palabra pueblo viene de poblar». E nós que sempre pensamos que viña do latin ‘populus’! De igual espectacularidade son as disgresións que fai no mundo da economía: logo de asegurar que o prezo das cousas depende da sua abundancia ou escaseza, e de que haxa moitos ou poucos compradores, di que o esencial é que cadren o valor e o prezo. «Esto lo consigue el Estado señalando a cada cosa su precio justo. Al precio justo se le llama tasa».En fin, un estado de felicidade tal que seria a envexa da ministra Salgado. As liñas consagradas á loita de clases son de antoloxia. Explica que cando os obreiros se crian fortes ian á folga, e cando eran os patróns praticaban o peche de fábricas e obradoiros; e engade: «Hoy el Estado español prohibe las dos cosas (...) y ordena imperativamente: ¡A trabajar todo el mundo!». Por suposto dedica o autor espazo á ‘Hispanidad’ da que di que «es un lote que nos ha impuesto el destino y al que no podemos renunciar». Xa, sobre todo pola variedade porque o hispánico está «sea donde sea, entre negros aceitunados o cobrizos». E tamén se ocupa da relixión, católica, naturalmente. Por ela loitou España contra «los árabes, los turcos, los judíos, los protestantes, los enciclopedistas masónicos y los marxistas». A mesma orixe de España procede da guerra: «fue una provincia romana y a través de ocho siglos de lucha contra la morisma, se constituyó como nación». Qué diria o xeneral Miziam!

 

Compre lembrar o final do poema de Curros. «...unha negra visión, de entre as ruinas, / ‘¡Qué tempos!’ me dice; e eu digo: ‘¡Qué tempos!’». 

Qué tempos!
Comentarios