Que perigoso é dubidar para deslexitimar

Como me soa isto de sementar dúbidas sobre un resultado electoral para deslexitimar unha vitoria. Aquí pasou cando gañou Zapatero a primeira vez, o que levou a algúns sectores radicais ata a xustificar a utilización da violencia para apartar do poder a quen consideraban impostor. Poñer en cuestión un triunfo electoral é empurrar aos extremistas, que se apoian na suspicacia para respaldar os seus fins, condensados nun: mando institucional. Os contrarios ao chavismo están desesperados porque suman lustros na oposición, pero aínda que Capriles estivera preto de Maduro ou aquí o Goberno se inclinara claramente por un candidato, o resultado é o que é. De feito, o grupo de observadores españois formado por representantes do PP, PSOE, CiU, IU, PNV e o embaixador en Caracas considéraos «fiables». Entón, por que algúns dubidan, igual que se fixera con Zapatero? Non é san para a democracia.

Comentarios