Que non voten

QUE NON voten. Non vaia ser que o fagan e saia si, isto é, que queiran maioritariamente deixar un Estado para crear outro. Que non voten. Porque pode ser que tomen unha decisión que a maioría dos do Estado actual non admitan, porque estes defendan manter a mesma administración aínda que sexan partidarios do boicot aos seus produtos, lles renxa oílos falar nun idioma distinto ou non acepten que como pobo teñan algunhas peculiaridades. Que non voten. Porque deste xeito, e non doutro, se saberá o que opinan. Que non voten. Aínda que os representantes deste territorio aproben de xeito aplastante (arredor do 90 por cento) que poden facelo (outra cousa é o sentido do sufraxio). Que non voten. Porque a democracia polo visto é a inamobilidade legal en vez de que os cidadáns opinen sobre algo de inmensa transcendencia como a qué Estado pertencer. Que non voten.

Comentarios