¿Qué necesita Pedrafita?

Pedrafita. Marcial NovoMARCIAL NOVO, camioneiro:
«Estaría ben ter un supermercado bo porque hai poucas tendas»

«Estaría ben ter un supermercado bo porque en Pedrafita hai poucas tendas. Temos que ir a Lugo a comprar algunhas cousas que compraríamos de mellor gana aquí se os tivésemos. Eu pertenzo ás Nogais, pero vivo a dous quilómetros de Pedrafita e fago aquí todas as compras. Utilizo máis os servizos que me ofrece Pedrafita que os das Nogais porque os teño máis cerca, por iso me molesta ter que desprazarme a Lugo para determinadas compras».

Pedrafita. María Dolores BerdascoMARÍA DOLORES BARDASCO, agricultora:
«É primordial poñer en marcha o centro de día para maiores»

«Eu creo que é primordial que empece a funcionar o centro de día para persoas maiores. Hai moitos que viven sós por todo o municipio e sería interesante que esas persoas tivesen un lugar para xuntarse, para falar e para pasar o tempo distraídas. O servizo de atención a domicilio que presta o Concello de Pedrafita funciona moi ben, a atención é boa. O bo do centro de día sería a posibilidade de que os maiores saian das súas casas e teñan contacto con outras persoas».

Pedrafita. José CarballoJOSÉ CARBALLO, taxista xubilado:
«É necesario amañar camiños que quedaron mal do inverno»

«Cando chega este tempo sempre é necesario amañar algún camiño que queda en mal estado despois da neve e a auga de todo o inverno. Tamén nos farían falta máis servizos. As administracións tiñan que mirar algo máis pola xente maior, nas casas non quedan máis que vellos sen ninguén que os atenda porque os rapaces novos non teñen onde traballar e vanse. Había que pensar nun sistema para atendelos nas casas, ampliar servizos nese sentido».

Pedrafita. Lupez GómezLUPE GÓMEZ, panadeira:
«Hay que ampliar la oferta turística para rentabilizar los visitantes»

«Hay que potenciar el turismo. Tenemos muy buenos accesos y viene mucha gente, unos atraídos por la nieve y otros a través del Camino de Santiago, pero cuando llegan aquí no tienen nada que ver. No hay ni siquiera oficina de turismo. Habría que ofrecerles algo para rentabilizar su estancia porque pasan y no paran. Además, el núcleo urbano está fuera del Camino y los peregrinos que llegan en bicicleta no tienen donde dejarlas. Habría que acondicionarles un lugar».

Pedrafita. Jesús SantínJESÚS SANTÍN, hostaleiro:
«A feira de vacún atraía moita xente e sería bo recuperala»

«Quedamos sen gando nas feiras. Sería bo recuperalo porque o vacún atraía moita xente, xa fora por ver ou por comprar e vender. Esta zona é moi boa para a cría de gando, viñan de Cervantes, do Courel, de Triacastela e da provincia de León, pero agora as feiras do 5 e o 21 non teñen gando e veñen moitas menos persoas. Para os negocios sería bo porque desde que fixeron a autovía pasa menos xente pola nacional e temos moitos menos clientes, notámolo moito».

Comentarios