Que goberne quen máis represente

Non vaia ser que aproveitando o descontento que motiva cambios se cole unha fraude por moito que sexa aprobada pola maioría. Porque de maioría falamos, e sería trampa que nunha institución non gobernara quen representara a máis, senón a menos. Sería unha falacia que tal como está a lei electoral se permitira, sen máis, que gobernase a lista máis votada. Se queremos isto, habería que modificala en profundidade, darlle máis poder a alcaldes e presidentes logo de que se elixan directamente, non a través de listas interpostas, e se ningún ten maioría absoluta, que se vaia a unha segunda volta. Así, si. Do outro xeito é deturpar a representación, pois aquí e en calquera lugar do planeta 13 son máis ca 12, aínda que para chegar á primeira cifra haxa que sumar dúas, tres, catro ou as que fagan falta. Non vaia ser que, por exemplo, 4 gobernen sobre 7, que podería ocorrer. Iso non.

Comentarios