A protesta polo cambio de cura mantén baleiras as igrexas de Guitiriz e Friol

A veciñanza concentrouse en Nodar este domingo, o próximo farao en Miraz
Concentración de vecinos de Friol y Guitiriz para pedir el regreso del párroco
photo_camera Concentración de vecinos de Friol y Guitiriz para pedir el regreso del párroco

Os veciños de Friol e Guitiriz afectados polo traslado do cura José Ramón Pérez García a outras parroquias de Quiroga e Ribas de Sil seguen sen acudir á misa e concentrándose cada domingo nunha parroquia. Este domingo reuníronse en Nodar e o vindeiro domingo teñen previsto facelo en Miraz. 

Os antigos fregueses de José Ramón Pérez opóñense ao seu traslado e queren ser recibidos polo bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, para pedirlle explicacións pola decisión e para tentar convencelo de que a cambie. 

O bispo, ata o momento, negouse a recibir os veciños de Friol e Guitiriz e estes, pola súa parte, rechazaron encontros con calquera outra persoa que non fose Alfonso Carrasco. Á espera da reunión, non descartan volver a concentrarse ante a sede do Bispado en Lugo.

Comentarios