Prostitución e drogas para elevar o PIB

Se hai drogas ilegais que nalgúns casos son beneficiosas para a saúde e en xeral fan menos dano que outras legalizadas, por que non regularizalas? E se a prostitución existe desde tempos inmemoriais, hoxe en día está no limbo da alegalidade e por moito que institucionalmente se agache non desaparecerá, por que non legalizala? Estas preguntas levan décadas planteadas, pero nunca foron resoltas. Porén, agora que existen datos de que economicamente son rendibles para o país pódese avanzar na despenalización das primeiras e na regulamentación da segunda. Os técnicos de Facenda destacan que con estes cambios o PIB medraría máis de dous puntos e medio, á conta de todo o diñeiro negro que estas actividades moven. Entón, deixémonos de cinismos e aceptemos a realidade para beneficio de todos, que a situación está moi achuchada. Se o fai Holanda, por que non aquí.

Comentarios