Primavera 81

Toda eclosión musical rompedora ten un punto de partida. No caso da movida, tan venerada como criticada a partes iguais, parece haber certo consenso unánime en fixar a Festa da Primavera celebrada na Escola de Camiños da Universidade de Madrid no ano 1981.

Naquel concerto e polo campo de rugby desfilaron unha panoplia de bandas de imborrable lembranza: Nacha Pop, Rubi y los Casinos, Alaska y los Pegamoides, Los Modelos, Farenheit 541, Flash Strato, Tótem e Mamá. E cancións tan imperecedeiras como Yo tenía un novio que tocaba en un conjunto beat, Horror en el hipermercado, Atrás, Noche de lluvia en Madrid ou Háblame, quedando tamén para o anecdotario a modesta homenaxe tributada ao mozo Justo Díaz, vítima dunaccidente cando asistía ao concerto que o privou da vista nun ollo.

Espoleta retardada ou non, despois deste concerto a música nacional experimentou un punto e aparte. As novas influencias da new wave británica e as efémeras modas (tecno-pop, novos románticos, punk-rock) invadiron a Península en forma de bandas con escaso talento pero moita ilusión. Tamén en Galicia podemos dicir que Siniestro Total, dunha ou doutra maneira, beberon
desa influencia e deixaron a súa impronta e pegada no preciado oco dos oitenta.

Comentarios