A Delegación Territorial da Xunta acolleu este xoves a presentación da Festa da Augardente de Portomarín, que se celebrará o os días 15 e 16 deste mes e inclúe a VII Degustación da Anguía e a tradicional recepción dos novos cabaleiros e damas que ingresan na Orde Serenísima da Alquitara.
O evento foi presentado polo delegado territorial, José Manuel Balseiro; o alcalde de Portomarín, Juan Serrano; Alfredo Sánchez Carro, gran canciller da Orde Serenísima da Alquitara; o fundador da citada orde, Manuel Castelo Fernández, e a xefa do servizo decoordinación da Área Cultural da Delegación Territorial, María José Gómez.
Ingresos na Orde Serenisima da Alquitara
Presentada a Festa da Augardente de Portomarín, que se celebrará os días 15 e 16
Tamén se deron a coñecer os novos cabaleiros e damas que ingresan na Orde Serenísima da Alquitar