Premiados 17 traballos nun certame de Begonte

Un total de 17 traballos resultaron premiados na quinta edición do Concurso de debuxo e conto navideño do Concello de Begonte, en cuxa entrega de premios estiveron presentes, ademais dos autores das obras galardoadas, a edil de Cultura begontina, Ana Lage, e a mestra do Ceip de Baamonde, María Jesús Cruz.

Os premiados, alumnos e alumnas dos colexios de Baamonde e de Begonte e do instituto de Rábade, recibiron diplomas e vales canxeables nunha librería de Rábade por importes que ían dos 30 ós 90 euros, segundo a clasificación da obra e a idade do autor.

Na categoría de debuxo resultaron premiados Silvia Silvosa Regueiro, Sabela Seijo Lage, Érika González Sola (de tres a seis anos); Lucía Rey Calvo, Laura Pérez Piñeiro e Cristina Ramil Díaz (de sete a dez anos); de María Ramil Díaz, Nerea Barrio Corral, Mirian Parga Braña (de once a 14 anos); e María López Iglesias (de 15 a 18 anos).

Na modalidade de conto, os galardoados foron Sonia Roa Pérez, Irea Ferreiro López, Borja Díaz Méndez (de sete a dez anos); Yago Prado Vázquez, Mónica Otero Trastoy, Nerea Barrio Corral (de once a 14 anos); e María López Iglesias (de 15 a 18 anos).

Comentarios