sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

''Prefiro ser xurado de miss a académico''

1 . Empecemos de xeito impertinente. Vostede quen vén sendo?

a) O alumno que pintaba nas portas dos báteres e agora cobra por facelo.

b) Un xenio da viñeta por descubrir... a ver se con este test apaño algo.

c) Non llo diga á miña nai, pero son controlador aéreo e isto unha tapadeira.

X d) Son o que dixo que isto era un hobby e agora é un traballo de 362 días ao ano.

2 . De non ser debuxante, sería...?

a) Tradutor de Wikileaks.

b) Celador do Sergas.

c) Marcador de goles nos mundiais de fútbol.

X d) Sería un funcionario gris, un mal profesor ou un peor xerente.

3 . Un mito por desmontar?

a) Os ordenadores pintan as viñetas e abonda con que os programemos.

b) Os humoristas gráficos temos moito enxeño para que se nos ocorra algo cada día.

c) Os chistes son reciclables así que pasan cinco anos.

X  d) Os debuxantes somos frikis, unha bola enormísima... ou non tanto.

4 .Se un fillo seu pasa de facer garabatos a ter certo xeito?

a) Mandarao a unha escola de arte para que se forme.

b) Como se facía para ser controlador ou celador?

c) Sempre pode escoller unha profesión sensata.

X  d) Mandareino a un campamento de desintoxicación para sacarlle o vicio.

5 .O peor que lle pode pasar?

a) Un borrón.

b) Esquecer ese traballo que debía de entregar onte.

c) Querer facer unha caricatura de alguén e non lograrlle un parecido no debuxo.

X d) Perder a man dereita e debuxar coa outra... non habería diferenza. Perder ambas.

6 . Que personaxe lle inspira máis ternura este Nadal?

X a) Zapatero. Pooobreeee. Que faría para que non o queiran? Que culpa ten dos males do mundo?

b) Cristiano Ronaldo.

c) Papá Noel.

7 . O seu debuxante clásico?

X a) Ibáñez, nada como Mortadelo e Filemón.

X b) Vázquez e as súas irmás Gilda ou Anacleto.

X c) Forges e os seus narigudos.

A Santísima Trinidade!

9 . Se Mingote é académico da Lengua, a que agarda vostede para proporse á RAG?

a) Nunca pediría ingresar nunha institución que está na Rúa das Tabernas.

b) Non viría mal algo de humor nesa casa.

c) Eu que culpa teño das cousas que fai Mingote?

X  d) Prefiro ser xurado de Miss España.

10 . Un castigo?

X a) Son as sete da tarde e esa idea non acaba de presentarse. Isto é que chamo ‘o meu día a día’.

X b) Un día sen papel, sen rotuladores, sen pinceis, sen lápices,... A isto chámolle ‘vacacións’.

c) Internet non deixa de colgarse a cada pouco. Isto non me pasa porque teño un Mac.

''Prefiro ser xurado de miss a académico''
Comentarios