Depuradora: O BNG critica o colapso que sofre

As praias de Altar e Arealonga, dous focos de polémicas para Barreiros

Aos conflitos de bañistas e kitesurfistas súmanse os problemas coas depuradoras
Riachuelo de residuos fecales en Arealonga, en Barreiros
photo_camera Riachuelo de residuos fecales en Arealonga, en Barreiros

As praias de Altar e Arealonga están a ser este verán dous focos de problemas para o Concello de Barreiros. En Altar a presenza de practicantes de kitesurf segue creando polémica logo de que en días pasados unha muller que se bañaba resultara ferida tras un incidente con unha persoa que practicaba este deporte. Por outra banda, o BNG chamou a atención sobre o mal funcionamento das depuradoras, sinalando os residuos que se verten a Arealonga. 

No caso de Altar, na praia barreirense hai opinións contrapostas entre os bañistas que acoden á praia. Por un lado están aqueles que apostan por permitir a práctica deste deporte e doutro, quen pide que se regule de forma máis estricta a súa presenza, para evitar posibles problemas entre os bañistas e as persoas que practican kitesurf na praia barreirense de Altar. 

Polo que respecta a Daniel González, este veciño de Lugo descoñecía cal era o problema, pero sinalaba que "podíase acotar unha zona, un espazo para que eles practiquen kitesurf". Pero matizaba que tamén había outras situacións que podían crear malestar "como fumar na praia" ás que non se lle daba tanta importancia. Na súa opinión non se debería prohibir a práctica deste kitesurf porque "debe haber liberdade".

Mª Jesús Jimeno: "Prohibir no es la solución. Hay mucho sitio en la playa. Aunque a veces no se respetan los límites"

No tocante á veciña de Madrid, María Jesús Jimeno, ela tamén descoñecía a problemática en torno á práctica do kitesurf e os bañistas de Altar. No seu caso ela sinalaba que "prohibirlo no, no es la solución. Yo creo que hay mucho sitio para hacerlo. Habería que poner una zona, porque a veces no se respetan los límites". 

Da mesma opinión era Lucerga Pérez, unha veciña de Murcia que pasaba uns días na costa barreirense. Ela remarcaba que a mellor opción era: "Acotar una zona para que no haya problemas con los bañistas", e sinalaba por ejemplo o caso de Murcia, dicindo que: "Allí hay zonas acotadas y ya sabemos que no nos tenemos que meter en esa zona". No caso de Barreiros indicaba que "todos son bastante respetuosos". 

Outra veraneante, neste caso Inés Duque, sinalaba que "ayer los vimos practicar kitesurf y no he visto ningún problema". Duque remarcaba ademáis que "respetaban los límites y atendían a las indicaciones de los socorristas", e dicía que a praia era moi grande e non tiñan que molestar a ninguén.

Lucerga Pérez: "Hay que acotar la zona para que no haya problemas entre los del kitesurf y el resto de los bañistas"

Inés Duque: "Yo no he visto ningún problema. Además hay sitio en la playa porque es muy grande y no molestan"

No caso de Vicente Figuerola este veciño de Madrid que veraneaba con un grupo de amigos e familiares indicaba que algunhas veces "corren mucho y se meten en la zona de los bañistas", pero sinalaba que eran poucas veces. Figuerola remarcaba ademáis que "tampoco es que haya tanto problema, lo que pasa es que la gente se intimida viéndolos". 

Figuerola sinalaba ademáis que os practicantes de kitesurf acudían á praia "a las nueve o así, cuando no hay gente".

Amparo López, outra veciña de Madrid que pertencía ao grupo de Figuerola sinalaba que "podría balizarse la zona, pero no creo que sea tanto problema". López sinalaba que ademáis "hay gente que los ve y no se baña, pero no es tanto problema". 

Entre os veciños hai persoas que opinan que se os deportistas practican o kitesurf na zona acotada para elo, non hai problema. Ésa é a opinión que dá Dolores Pena, que sinala que "na zona da ría ou por ahí non hai problema". Pero esta mesma veciña sinala que cando os deportistas se saen dese espazo, "os bañistas báñanse onde hai algas, que é máis molesto".

Vicente Figuerola: "A veces corren y se meten en la zona de los bañistas. Pero suelen venir a las nueve, cuando no hay gente"

Esta veciña tamén critica a actuación dos socorristas, sinalando que o pasado xoves, "ás cinco da tarde puxeron bandeira vermella e sacáronnos da auga, e ós do kitesurf deixáronlles quedar". Pena sinala que "non me parece ben que o fagan, porque se está bandeira vermella non se pode bañar ninguén". Pena sinalou que eran máis de 200 as persoas, "case todo familias que tiveron que saír da auga e eles quedaron". 

BURELA E VICEDO. As queixas dos bañistas de Barreiros non son as únicas, porque tamén os usuarios das praias de Burela e O Vicedo mostraron queixas.

Amparo López: "Muchas veces la gente sale cuando los ve llegar, pero no molestan realmente a nadie, porque lo hacen lejos"

No caso de Burela, bañistas que acoden á Marosa chamaron a esta Redacción para criticar a presenza de bancos de algas, que levan varadas varios días na orilla da praia, e que ao descompoñerse, producen malos cheiros e moita presenza de moscas. Os bañistas pedirán ao Concello que as retire de contado. 

En O Vicedo, os bañistas tamén se queixan porque ata o areal de Arealonga baixan augas residuais procedentes de varias cunetas e unha ducha da praia. E pediron que se actúe ante esta situación que xera malestar.

Comentarios