La puja de ganado de la Moexmu factura 23.450 euros por 12 reses

Antonio Crespo faille entrega dun premio a gandería Pozo. (Foto: C.Pérez)
photo_camera Antonio Crespo faille entrega dun premio a gandería Pozo. (Foto: C.Pérez)

A poxa de gando, na que se subastaron doce xovencas e vacas polas que os compradores pagaron un total de 23.450 euros, o concurso de novos manexadores e a entrega de premios desta proba e do concurso de gando frisón do sábado serviron para clausurar onte no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta XXIX Moexmu.

Logo de que os encargados de desfilar coas reses amosasen o seu bo facer no paseo de animais, celebrouse a subasta de raza frisona, na que destacaron especialmente dous exemplares polos que se pagaron 2.350 euros: unha xovenca chegada ao parto da Granxa Gaioso Castro e outra xovenca da gandería Pernas de Xermade.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios