O norte de Galicia vive este mércores unha xornada de choivas intermitentes

Mapa da previsión do tempo para este mércores en Galicia.METEOGALICIA
photo_camera Mapa da previsión do tempo para este mércores en Galicia.METEOGALICIA

Este mércores Galicia continuará con vento de compoñente norte, polo que o ceo estará parcialmente nubrado na metade norte con precipitacións intermitentes, máis probables no norte das provincias de Lugo e da Coruña. Durante o día no sur de Lugo, provincias de Ourense e Pontevedra o ceo alternará nubes e claros.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso no litoral. 

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 18 graos en Ourense, Vigo e Pontevedra, mentres os valores mínimos descenderán até o sete graos en Lugo.

Temperaturas mínimas y máximas

A Coruña     13°     16°

Ferrol     12°     16°

Lugo     7°     15°

Ourense     8°     17°

Pontevedra     8°     18°

Santiago de Compostela     8°     14°

Vigo     9°     18°

Comentarios