''Potenciamos las rutas como actividad saludable y para divulgarlas''

Manuel Galdo, concelleiro de deportes de Viveiro que fará unha ruta de senderismo ó Pozo da Ferida mañá

Esta fin de semana fan unha nova andaina...

Sí, iremos ó Pozo da Ferida. Saímos ás 10.00 da igrexa de Valcarría. Os participantes terán que levar un bocata e bebida para tomar antes de voltar.

Cal é o obxectivo das rutas?

A concellería de deportes quere poñer en marcha e potenciar o senderismo cunha doble vertente, como actividade saudable e para dar a coñecer estas rutas.

Por que as queren divulgar?

Pensamos que o Concello ten unha grande potencialidade neste eido, tamén para a xente que nos visita. Temos cousas ó lado que non aproveitamos na súa xusta medida.

Teñen pensado algo máis para promocionalas?

Faremos unha campaña de sinalización para potenciar o aspecto turístico. A ver se no inverno as podemos preparar para que veña xente de fóra. Ademais das que deseñamos para este mes, organizaremos outras para setembro e outono.

Que sitios visitarán?

Iremos ós máis emblemáticos: Monte Castelo, Fraga das Saímas, San Roque, Ruta dos Muiños...

Comentarios