Portomarín: el agua es su memoria

NOSTALGIA. El primitivo Portomarín, desaparecido bajo las aguas hace casi medio siglo, vuelve a ser visible debido al secado del Miño en Belesar por parte de una eléctrica. Los pilares de casas dinamitadas, los vestigios del puente romano y el palco de la música original evocan la nostalgia. Varios protagonistas recuerdan qué paso en el año 1963.

esta es la historia de un pueblo perdido, con dolor y desgarro para sus habitantes, y el nacimiento del nuevo municipio de Portomarín. En el año 1963 las aguas sepultaron el hogar de cientos de lugareños para hacer el embalse de Belesar. Nadie sabe qué prosperidad le esperaba al viejo asentamiento, pues la presa originó un éxodo de gente en busca de una vida mejor.

Las obras de construcción de la enorme presa se iniciaron varios años antes de la inundación. «Eu recordo que sobre finais dos anos 50 viñeron uns expertos e empezaron a medir o terreo e a tomar notas, pero daquela aínda non nos esperabamos o que sucedería», asegura José López, un vecino del lugar. «Aquelas eran épocas moi difíciles, facíase un proxecto e levábase a cabo sen contar coa opinión de ninguén», añade.

José López fue uno de los vecinos que tuvo que abandonar, junto con sus familiares, su casa y sus propiedades a toda velocidad. Trabajaba como fotógrafo en el viejo pueblo y conserva una gran colección de fotos de antaño. «Cando miro as fotos da antiga vila todos son recordos bos, pois aquel era un pobo espectacular. O que sucedeu foi desastroso, incluso agora emociónome cando vexo todo derruído», asegura.

Meses antes de que el pueblo quedase bajo las aguas, los lugareños ya empezaban a estar inquietos. «Xa se rumoreaba que Portomarín quedaría anegado na súa totalidade polo enorme embalse que se estaba construíndo, pero os veciños non podiamos creelo. Sen embargo e por desgracia, os rumores eran certos», asegura Eloy Rodríguez, exalcalde y vecino de ambos pueblos.

Otro afectado por la presa, Rogelio Rivas, recuerda con emoción esos momentos: «Semanas antes da inundación chegou a Garda Civil ás nosas casas e empezaron a valorar e a ofrecernos o que nos podían dar polas vivendas e as propiedades». Rivas era el propietario de una barbería muy concurrida en el antiguo Portomarín. «A min déronme unha casiña no novo asentamento a cambio de todo o que tiña, a miña casa, unha bodega de dúas plantas e a perruquería. Tiñamos que acatalo aínda que saísemos perdendo por moito», afirma Rogelio.

«Era como unha feira, pero sempre con beneficio para os ofertantes», asegura otro testigo del traslado, Aurelio Castro. Su casa fue la primera en desalojarse: «A Garda Civil botounos a miña familia e a min en primeiro lugar porque querían construír unha ponte, que aínda se conserva, e necesitaban colocar os piares no espazo onde eu tiña a miña vivenda».

«O meu pai non podía crelo, pensaba que era imposible que nos botaran así sen máis, de feito recordo o día en que a auga empezaba a subir e lle cubría por completo as botas de goma. Aquela foi a primeira vez que o vin chorar. Él non quería abandonar o que era noso; sen embargo, finalmente e coas bágoas nos ollos tivemos que marchar e ver como o río se tragaba todo o que conseguimos con moito esforzo durante anos», confiesa con tristeza Aurelio.

El caudal de río subió antes de lo previsto y a principios del mes de enero de 1963 el agua empezó a entrar en todas las casas y los habitantes del viejo Portomarín tuvieron que marcharse a toda velocidad. «En pouco tempo inundouse o núcleo principal da vila, ademais de once parroquias colindantes, foi unha verdadeira hecatombe», asegura apenado Eloy Rodríguez. El agua cogió a los lugareños de sorpresa y, a pesar de todo, algunos se resistieron hasta el final. «Houbo xente que se resistiu e aguantou ata que a auga casi cubría totalmente as casas, a xente quería rescatar as súas pertenzas fose como fose chegando a poñer en perigo as súas vidas», reconoce Jesús Busto, un arqueólogo del pueblo.

DESTINOS INCIERTOS

Una vez que el pueblo yació bajo las aguas, los destinos de los vecinos fueron muy diversos. «Cando se inundou todo, a maior parte da poboación colleu o diñeiro que lles ofreceran pola casa e marchou», asegura Busto. De hecho, según datos recabados por el propio arqueólogo, la población entre el año 1950 y 1970 bajó más de la mitad, pasando de 4.079 a 2.971 habitantes. «Moitos veciños marcharon ás grandes cidades para forxarse un futuro mellor, outros emigraron ó exterior e outros trasladáronse ó novo Portomarín», afirma Jesús Busto.

REGRESO

No obstante, algunos de los vecinos que se quedaron en la zona aprovechaban los momentos en que el caudal del embalse bajaba para regresar a sus casas y recuperar sus pertenencias. El caso más dramático fue el de Manuel, conocido como ‘O Bemba’ por sus vecinos. «Cando o río estaba baixo O Bemba volveu á súa casa para rescatar o que puido, pero as paredes viñéronselle enriba. Tiveron que ir rescatalo e estivo moi grave», recuerda Rogelio Rivas. A raíz de ese incidente, la compañía eléctrica decidió dinamitar todas las casas para evitar que los vecinos regresaran. «Se non chegan derruír todo, as casas aínda estarían intactas», dice Rivas.

«UN POBO INIGUALABLE»

Los vecinos recuerdan con nostalgia como era el viejo Portomarín. «Era un pobo inigualable. Era moi sinxelo e fermoso pero tiña unha infinidade de servizos para os veciños», según José López. «Era unha vida moi agradable, tiñamos unhas hortas fabulosas, unhas enormes vides e unhas terras moi produtivas. O río dábanos de comer á gran maioría, había anguías a millares e disfrutabamos moito», añade.

Sin embargo, los vecinos consideran que el nuevo pueblo no tenía nada que ver con el viejo asentamiento. «Era bonito, pero faltáballe vida», a juicio de José López. «Cando chegamos estaba totalmente despoboado, as árbores eran pequenas e non tiñamos sustento nin forma de conseguilo, non se podía comparar para nada co noso vello pobo», explica.

Monumentos reconstruidos piedra a piedra

Antes de que el embalse se tragase el pueblo antiguo en su totalidad, los vecinos y empleados que trabajaban en la construcción de la presa de Belesar trasladaron al nuevo Portomarín, piedra a piedra, algunos monumentos relevantes. Entre estas reliquias se encuentra la valiosa iglesia de San Juan, que aún se conserva hoy en día. «O traslado da igrexa foi complicado e fíxose o que se puido; sen embargo, eu recordo que na vila vella era moito máis maxestuosa que agora e tiña oito altares cos seus respectivos retablos. Agora din que é fermosa, pero antes estaba moito mellor», asegura Rogelio Rivas.

Vestigios conservados

En la actualidad, en la zona donde antes se erigía el pueblo viejo aún quedan en pie algunos vestigios de un puente romano y de uno que data de 1930. Además, se puede observar prácticamente intacto el antiguo palco de la fiesta donde se celebraban las romerías antaño.

LUIS VÁZQUEZ CARBALLIDO, derradeira persoa nada no vello Portomarín
«A infancia na vella vila supoño que sería distinta, co río á porta da casa»

O 13 de novembro de 1962 naceu Luis Vázquez, último nado no vello Portomarín. Admite que nalgunha época ese feito marcou súa traxectoria, pero agora o ve como unha anécdota.

O último veciño que naceu no antigo Portomarín foi Luis Vázquez, que di ter escoitado marabillas dunha vila que só recorda a través dos testemuños da súa familia.

Que lle supón ter sido a derradeira persoa que naceu na vila vella?

O feito de nacer nunha vila que despois desapareceu nalgún momento pareceume unha marca interesante na miña traxectoria persoal; de feito, naquela época fixeran unha reportaxe sobre min nunha revista. Sen embargo, agora mesmo paréceme un detalle máis ben anecdótico.

Onde foi o seu bautizo?

Fíxose nun barracón improvisado no medio da vila, porque daquela xa estaban trasladando as igrexas para o novo asentamento. Colocouse un altar nun solar e o cura oficiou alí mesmo a misa.

Como cre que sería a súa infancia no vello Portomarín?

A verdade e que nunca me parei a pensar detalladamente niso, pero supoño que sería totalmente diferente ó novo Portomarín dende o momento en que tería o río á porta da casa. Penso que sería moito máis entretida que na vila nova porque era unha forma de vida máis rural: todos os meus familiares tiñan hortas, terras, o meu avó ía pescar... Ademais, cando foi o da inundación moita xente emigrou en busca dun novo futuro e na vila nova quedamos moi poucos, incluso poucos nenos cos que poder xogar.

Que lle contaron do antigo asentamento?

Os meus pais e familiares falan a menudo marabillas daquela vila. Contan que era moi productiva e que tiña unhas terras moi fértiles. A xente vivía encantada e sobrevivía comendo os peixes que recollía do río. A miña avoa contoume tamén que vendía na vila os peixes que meu avó pescaba. Era unha vida moi tranquila e harmoniosa, gustaríame tela vivido.

Que opina da desaparición de Portomarín?

Foi unha desgraza para todos ter que abandonar as casas, as terras e todo polo que loitaron durante anos, foi unha gran perda para os veciños. Sen embargo, naquela época de ditadura non había opción, non se podía opinar, actuaban e nada máis. Aquilo foi unha verdadeira pena, sobre todo para os maiores.

Comentarios