Portomarín acolle un seminario para pais sobre o uso de internet

O Concello de Portomarín organiza un seminario sobre novas tecnoloxías dedicado a pais. Desenvolverase hoxe e mañá no salón de actos da casa da cultura, entre as 20.00 e as 22.00 horas.

O obxectivo deste encontro é achegar as novas tecnoloxías ás persoas con fillos e resolver as súas inquedanzas ante a relación dos nenos con internet. O seminario pretende desmitificar falsas crenzas e promover o uso responsable da rede.

Hoxe haberá unha charla teórica con posterior debate e mañá terá lugar un obradoiro práctico no que tamén se resolverán as dúbidas dos asistentes.

Comentarios