Portas xiratorias ben engraxadas

(*)

OS CONSELLOS consultivos das comunidades, ou incluso o Consello de Estado, ou quizais algunha outra institución, serven para o que se deu en chamar portas xiratorias, que non é outra argucia que ocupar un cargo cómodo no que cobrar unha considerable cantidade das arcas públicas sen apenas molestarse logo de deixar o primeiro plano da política.

O exemplo máis recente é o de Gallardón, que nada máis abandonar o Ministerio de Xustiza revirou cara o Consello Consultivo de Madrid (soldo, 8.500 euros ao mes), ese que como todos os demais non vale máis que para emitir un informe de vez en cando e, ademais, sen ser vinculante, só para que se saiba o que opina, pero non ten por que ser tido en conta.
E se revisamos unha por unha estas institucións, atoparemos sobre todo políticos en retirada aos que se lles aviou este destino moitas veces logo dunha cuestionable xestión. Pero aí están.

(*) Mantense o idioma orixinal do artigo.

Comentarios