jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

''Por una chica fui y volví de Madrid a Santiago en la misma tarde''

Foto: REM
Foto: REM

O cantante e compositor do Incio Xabier Pérez presenta o seu primeiro traballo, 'Alas de papel'

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

A verdade, non hai nada que me desguste.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Sempre á música.

3. O soño que máis se repite é...

Subirme ao escenario principal… creo que é o soño de calquera artista.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Aínda que son nostálxico, gústame mirar cara adiante.

5. ¿A quen admira?

Admiro o amor, o cariño e o respecto que se teñen os meus pais pese aos golpes que lles vai dando a vida. Diso anda moi falta a sociedade actual.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Arrepíntome sempre do que non fixen.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

Non creo que a ninguén lle interese nada cal era a cor da miña papeleta.

9. ¿Que cita subscribiría?

«Non importa que os soños sexan mentira, xa que é verdade que é venturoso o que soñando morre, e infeliz o que morre sen soñar», de Rosalía de Castro.

10. ¿Que coche ten?

Un Peugeot 206.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

O certo é que non son de caprichos caros.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

As libretas onde teño escritas tódalas miñas cancións.

13. Unha toleada que fixera por amor.

Coller un avión de Madrid a Santiago de Compostela ás seis da tarde e volver a Madrid ás once da noite, ¡e falo do mesmo día, por suposto! Fíxeno para felicitar un aniversario en persoa a unha rapaza que, daquela, era merecedora diso e de moito máis.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

¡Que non lle gustase o viño! [ri].

15. ¿Teñen algún pacto?

De momento, non.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Esa intuición que teñen ás veces para certas cousas.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘Habitaciones separadas’, de Luis García Montero.

18. Non sae da casa sen...

Nunca saio sen o meu bolso de coiro.

19. Algo que nunca falte na súa neveira...

Cervexa.

20. Pérdeo un bo...

Un bo viño acompañando a unha boa conversa.

21. Unha prenda que desteste.

A gravata.

22. As súas mellores vacacións foron...

Quizais en Cuba, hai uns anos e acompañado polo meu amigo Juan.

23. A súa viaxe soñada sería a...

Sería ir a México, e por suposto que é algo que vou facer en canto poida.

24. A paisaxe que máis o impresionou foi...

Foi único ver o Machu Picchu, no Perú.

25. ¿E a súa materia pendente?

Volver a Colombia, e tamén a Bolivia.

«MIÑA IRMÁ LUCÍA É UN EXEMPLO»

1. Acaba de estrear o seu primeiro disco e xa está actuando en América. Conte o segredo.

Non hai ningún segredo… ou si. O ano pasado estiven cinco meses en Latinoamérica buscando outras culturas, outras músicas. Marchei cunha mochila e unha guitarra para coñecer músicos doutros países e actuar onde me deixaran tocar as miñas cancións. Fixen bos amigos e bos contactos, e a produtora arxentina Retrovan Records interesouse polo meu traballo e este ano organizoume doce concertos acústicos no país durante un mes para presentar o disco.

2. ¿Que vai atopar o público en ‘Alas de papel’?

Un disco honesto, con dez cancións -unha en galego- que eu mesmo producín, gravei e mezclei no Incio, na miña palleira, que é o meu estudio.

3. ¿Teme que o comparen coa súa famosa irmá, Lucía Pérez?

Non, en música facemos cousas moi diferentes, aínda que nos axudamos mutuamente.

4. ¿Deulle ela algún consello para a súa carreira musical?

Eu aprendo directamente dela. É un exemplo de tesón e de paciencia para calquera artista que comece.

''Por una chica fui y volví de Madrid a Santiago en la misma tarde''
Comentarios