sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

As Pontes viajará del 3 al 5 de julio a la época castreña en la II Cita coa Historia

Obradoiro de coroas de flores de feltro
Obradoiro de coroas de flores de feltro
Lembranza da Vila organizou varios obradoiros nos que os asistentes puideron elaborar complementos para as súas vestimentas de época

As rúas do casco vello das Pontes darán un importantes salto no tempo cara ao pasado do 3 ao 5 de xullo, a data elixida para celebrar a II Cita coa Historia, que nesta ocasión propón actividades centradas na época dos castrexos.

Entre os actos que figuran no programa deseñado pola asociación Lembranza da Vila, o Concello das Pontes, o grupo Taranis e Cultureume destacan as vodas celtas, un rito polo que poderán casar todos aqueles asistentes que o desexen, na medianoite do día 3 na Praza da Igrexa. As parellas deberán ir ataviadas coa vestimenta apropiada e inscribirse previamente, de xeito gratuíto, no 665.49.13.12 ou a través do correo electrónico [email protected]

Arqueoxogos, teatro de guiñol, contacontos ou un obradoiro de cerámica castrexa entreterán aos máis pequenos ao longo dos días que dura a cita, mentres que na noite do sábado haberá tempo para un concerto folk, coas actuacións dos grupos Os Cempés, Foraoise, A Troba do Bugalho e No Cómbaro Folk.

Dende a organización anímase aos veciños a que acudan con vestimentas da época. Ademais, todos os que o desexen, poderán participar nun concurso de caracterización, para o que será necesario posar nun photocall instalado na Praza da Igrexa, os tres días de 18.00 a 19.00 horas, e o sábado e domingo tamén pola mañá, de 12.00 a 13.00 horas.

Todas as fotos colgaranse no Facebook de Cita coa Historia o día 6 e as caracterizacións premiadas serán as que teñan máis ‘Gústame’ o 15. Obterán unha réplica en bronce dun torques galaico, no caso dos adultos, e libros de temática castrexa, no dos nenos. Os premios recolleranse no departamento de cultura municipal.

Co fin de contribuír á elaboración das vestimentas, a asociación Lembranza da Vila organizou esta fin de semana tres concorridos obradoiros, nos que os asistentes puideron facer coroas de flores de feltro e adornos en coiro para os pulsos e as pernas.

As Pontes viajará del 3 al 5 de julio a la época castreña en la II...
Comentarios