A pontenova, de ruta polas pegadas da balastreira

Un dos túneles que os camiñantes poden percorrer na Ruta do Ferrocarril da Pontenova. Baixo estas liñas, o río Eo, que acompaña o paso na procura do mar Cantábrico. (J.VÁZQUEZ)
photo_camera Un dos túneles que os camiñantes poden percorrer na Ruta do Ferrocarril da Pontenova. Baixo estas liñas, o río Eo, que acompaña o paso na procura do mar Cantábrico. (J.VÁZQUEZ)

Cando abría o século XX, a Sociedad Minera de Villaodrid ergueu uns fornos na Pontenova, tendeu un cargadeiro sobre a ría de Ribadeo para deixar caer o ferro sobre as bodegas dos mercantes. No medio, cruzando en liña razoablemente recta os municipios de San Tirso de Abres e Trabada, deitaron unha vía ferroviaria que se mantivo en activo ata 1964.

Dende os primeiros tempos, en 1905, habilitouse un servizo para uso de pasaxeiros e Casimiro conserva a memoria, que non dá concretado, de ter acudido «ás festas do 8», as celebracións da patrona de Ribadeo, que ten lugar o día 8 de setembro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios