Por el San Martiño, peonzas al camino

O Ceip de Muimenta acolleu o acto central do Día do Peón, ao que se sumaron centros como o de Meira (arriba á dereita). (Foto: T. López)
photo_camera O Ceip de Muimenta acolleu o acto central do Día do Peón, ao que se sumaron centros como o de Meira (arriba á dereita). (Foto: T. López)

Pese a vivir nun mundo dominado polas novas tecnoloxías, os xogos interactivos e as videoconsolas, de cando en vez xorden iniciativas dirixidas á recuperación das prácticas lúdicas tradicionais, costumes que co paso do tempo foron perdendo o seu merecido protagonismo.

Un dos colectivos da comarca chairega máis involucrados nesta loita por fomentar, conservar e dinamizar a práctica dos xogos máis ancentrais é Xotramu, da localidade cospeitense de Muimenta, que desenvolve ao longo do ano unha infinidade de propostas e actividades interesantes e atractivas para tódolos públicos.

ACTIVIDADES
Terra Chá e Meira únense á festa

O Ceip de Muimenta foi o escenario escollido para albergar o acto central do Día do Péon, aínda que outros centros da comarca chairega e meirega uníronse tamén á festa dos xogos tradicionais. O Ceip Veleiro Docampo, de Castro de Ribeiras de Lea, programou actividades para os escolares coincidindo coa celebración do tradicional magosto. O mesmo acontece no Ceip Terra Chá, da parroquia vilalbesa de Román, que durante esta mesma semana celebrará diversos actos festivos na biblioteca do centro e no patio do colexio. A estes dous exemplos sumouse tamén o Ceip de Meira que, durante a xornada do pasado luns, lles ofreceu aos máis pequenos a posibilidade de coñecer o mundo dos peóns, buxainas e bailaretes. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios