A política aos ollos dos máis novos

Nunca exerceron o dereito a voto porque aínda non cumpriron 18 anos, pero xa teñen unha idea formada da política, e non moi positiva. Os alumnos de 2º e 4º da ESO do CPI Virxe do Monte de Cospeito participaron nunha charla coloquio con tres exparlamentarios galegos e non dubidaron en converterse en xornalistas que sen rodeos preguntaron as súas dúbidas. Entre as súas preocupacións, o paro e a emigración dos mozos, os soldos dos políticos e o porqué de que os deputados non deban declarar todo o seu soldo ou a mala imaxe e a aversión á política como risco para o fin da democracia.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios