Poesía por un tubo

Os alumnos do IES Pedregal de Irimia invadiron a Praza Maior de Meira cos versos de Manuel María

Un ano máis, os alumnos do IES Pedregal de Irimia de Meira achegáronse ata a Praza Maior da localidade para difundir a poesía do poeta homenaxeado polo Día das Letras Galegas, o chairego Manuel María.

Este exército literario cheo de ilusión usou como armas os versos do poeta e máis un tubo co obxectivo de achergarlle á xente que foron atopando pola rúa os escritos do autor nado na Casa de Hortas de Outeiro de Rei.

Comentarios