sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Poallo de verán

título alude a esa chuvia fina, de pouca entidade, que nalgúns lugares do norte, tal como aquel no que vivo, tamén aparece no verán e que, ás veces, resulta providencial para non abafar coa calor. Nós citámolo metafóricamente para amingoar a seca de novas que afecta aos medios no verán, ainda que agora ten máis de tópico que de realidade.

Comecemos coa lameira da corrupción que é tan espesa que a necesidade dunha drenaxe non só é necesaria, senón urxente. É certo que o problema que agora reviste caracteres apocalipticos, sempre estivo latente e, a pequena escala, é praticamente unha compoñente caracteristica da idiosincrasiaa peninsular. É curioso que tanto na percura de signos diferenciais como de uniformidades, entre os diversos povos do Estado ninguén reparara nesa especie de picaresca, por usar un calificativo morno, que abranxe con moi poucas excepcións o solar hispano. Non será preciso ilustrar o dado con exemplos, porque non chegarian todos os caracteres asignados a esta columna.

Pero asi como a honradeza é comunmente un valor relativo, xa que depende tanto do suxeito como do montante, a moderación tampouco é virtude moi espallada. Quizais iso explica que a ministra de Sanidade pida ás Comunidades Autonomas que controlen e prioricen os seus gastos en politicas sociais. Home, non é a mais indicada despois de todo o rebumbio que se armou sobre os cargos de viaxes e festas dos cativos a conta de partidas non moi apropiadas.

E continuemos coa problemática do tráfico que no verán agudizase e reviste caracteres dramáticos. Para cando menos rebaixar o drama, téñense arbitrado todo tipo de medidas, as mais delas disciplinarias, até o ponto de que ás veces chega un a confundir o Ministerio do Interior co de Facenda. Un alto cargo do departamento de tráfico, explicaba hai poucos dias que era totalmente falso que se estimulase aos axentes para multar, e aclaraba que unicamente a aqueles que non acadaban un determinado nivel no cómputo de denuncias, baixábanlle o complemento de produtividade. Xa saben: branco e en botella…

E con todo hai propostas bastante mellor orientadas para solucionar o problema sen acudir ás abultadas multas.O Sr.Bispo de Vic recomenda santiguarse e rezar, e destaca que o santo rosario é unha boa compañía para o camiño, naturalmente a través da radio. Con todo esquece os efectos soporíferos da oración creada por Santo Domingo de Guzmán, que sinalaba con moita graza o poeta: «…e faciame rir de miña aboa / que coas contas na man, de doa a doa / empedraba de sonos o rosario».

Poallo de verán
Comentarios