Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

Pili Pampín lanzou este luns a súa aposta de entretemento na Galega, 'Vivan as tardes!'

Pili Pampín e Alicia Lombán, con María Solar no centro
Pili Pampín e Alicia Lombán, con María Solar no centro
Yolanda Vázquez acompáñaa neste espazo, coproducido por El Progreso e Zenit Tv, que se emitirá todos os días de 17.30 a 19.00 horas ► A TVG tamén incorporou á grella o programa 'Galicia viva', presentado por Susana López

A Galega renovou este luns a súa programación na faixa da tarde coa estrea do programa Vivan as tardes!, que presentará Pili Pampín e que se emitirá todos os días de 17.30 a 19.00 horas. É un espazo familiar de entrevistas e entretemento coproducido por El Progreso e Zenit Tv que será conducido por Pampín e Yolanda Vázquez, coa colaboración de Quique Morales e Alicia Lombán.

"De ton amable e emotivo, a nova aposta da TVG levará o sorriso e, sobre todo, a emoción, aos espectadores das tardes", indicaou a cadea. Os valores do programa son "a empatía, a ilusión, o interese polas vidas dos demais e a aprendizaxe da solución dos problemas cotiáns", algo que van transmitir a través dos testimonios e anécdotas dos convidados que visitarán o programa diariamente.

Vivan as Tardes! conta con tres seccións. Na primeira terá cabida todo o relacionado co amor: parellas que levan moito tempo xuntos, outras que se coñeceron en circunstancias peculiares, homes e mulleres que buscan parella... O ton é "simpático e atrevido" e os convidados contestan as preguntas e a xogos de memoria sobre a súa vida en común.

Na sección Grazas, a presentadora entrevista membros dunha familia exemplar, que teñan pasado por vicisitudes e contrariedades serias, pero que con humor e amor foron quen de superalas. "Entre risos e bágoas, as familias irán contando a súa historia de lealdade e superación",dixo a TVG.

"Cando os trances da vida semellan non ter remedio, falar sobre eles é un dos mellores alivios". Partindo desta premisa, Yolanda Vázquez conversa con persoas que teñan ou tiveran un conflito de difícil solución: historias de superación, exemplos de vida e crecemento persoal, de perseverancia e resistencia ao padecemento, etc. Os convidados dialogan sen presións sobre o que os inqueda, lles doe e os impulsa a seguir coas súas vidas.

Ademais, Vivan as tardes! convida cada día cantantes, humoristas, magos, contacontos e artistas en xeral para que actúen como guinda final de cada programa.

Na súa estrea, o novo espacio da Galega falou con Moisés e Feli, posiblemente os autores do bico máis agardado da historia; con Andrés e Rocío, pai e filla, que non teñen unha historia normal e corrente, e tamén con Rocío, que contou o motivo polo que non volvería á súa infancia por nada do mundo.

GALICIA VIVA. Outro espazo que se incoporou este luns á grella da Televisión de Galicia é Galicia viva, un magazine diario que ten como obxectivo informar, pero, sobre todo, entreter o espectador galego.

De luns a venres, da man da presentadora Susana López, os espectadores viaxarán por toda a actualidade social e cultural de Galicia.

Unha das grandes apostas deste novo programa son as conexións en directo. Todas as tardes cinco reporteiros (Paula Señarís, Ricardo Saavedra, Lucía Fandiño, Emilio Guillín e Patricia Liste) percorrerán o territorio galego para achegar todo aquel contido divulgaltivo e de interese público.

Pili Pampín lanzou este luns a súa aposta de entretemento na...
Comentarios