Pilar García: ''El concurso de tapas recaudará fondos para la lucha contra el cáncer''

Levan varios anos traballando na sombra para darlle pulo á hostalaría de Guitiriz. Un total de 21 locales da vila conforman a asociación de recente creación De Bares, que ademais de programar o certame gastronómico Que Bo Estás Guitiriz, xa traballa noutras iniciativas.

lEVAN anos traballando a prol da dinamización hostaleira de Guitiriz, convocando exitosos concursos gastronómicos, pero De Bares, a asociación que integra a unha vintena de establecementos da vila, non se presentou oficialmente ata finais do 2014. A súa presidenta, Pilar García, fai balance destes meses, anunciando ao tempo novas propostas que servirán sen dúbida para situar Guitiriz no mapa hostaleiro, gastronómico e paisaxístico da comarca da Terra Chá.

Cando se conformou a asociación de hostaleiros De Bares?

A presentación oficial fíxose no mes de novembro, cun acto na Casa das Palabras. Escollimos este lugar porque foi no que fixemos a primeira xuntanza, ademais da relación que garda con Díaz Castro. En realidade nós, sen constituírnos como asociación, xa levabamos varios anos traballando. Así que simplemente formalizamos e legalizamos a nosa situación.

Cales foron as súas motivacións?

Fundamentalmente reavivar os nosos negocios nestes tempos de crise. Vimos que as propostas que estabamos a programar funcionaban, non só para nós, senón tamén para Guitiriz en conxunto, e por iso nos

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios