Permisividade coa xustificación da barbarie

A TRANSICIÓN foi unha operación de borrado da guerra entre a liberdade e o totalitarismo, capitaneada por dirixentes do franquismo que asinaron un pacto de silencio cos rivais políticos pero non conseguiron o esquecemento, e por máis que se intentou tapar un período escuro para favorecer a convivencia, un capítulo tráxico está irresoluto. Porque aínda que a esquerda pacificadora clamara que no proceso non houbera vencedores nin vencidos, aos que se consideran gañadores da guerra aínda se lles permite xustificar os crimes franquistas (alcalde de Baralla) ou retratarse con arrogancia con fotos do ditador (rexedor de Beade). Son dous exemplos, pero centos segue habendo cada día pola permisividade cunha época que por máis que intentemos eliminar da memoria non lograremos porque existiu. Agora a Onu pode pechar unha ferida que hai corenta anos se deixou supurando.

Comentarios