martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

O Festival de Pardiñas, "un lugar a onde peregrinar"

O festival contou cunha grande afluencia de público
O festival contou cunha grande afluencia de público
Mini e Mero protagonizaron un aplaudido pregón, momento álxido dun encontro que lembrou aos que xa non están

OS APLAUSOS foron constantes, e non só para os dous pregoeiros de excepción do XXXVII Festival de Pardiñas, Mini e Mero, senón para o moito que aconteceu no escenario en moi pouco tempo. Mentres a xente desafiaba o intenso sol, no palco sentábanse caras recoñecibles e recoñecidas da cultura, espectadores de excepción da peza inaugural intepretada polo gaiteiro Raúl Galego; da benvida do coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco, ou da breve introdución de David Otero.

‘Aquí’, ‘O carro’, ‘A rumboia’, ‘Penélope’ ou o guitiricense ‘Romance dos guardias’ soaron sobre o escenario e coreáronse no público, intercaláronse con reivindicativas palabras en defensa da cultura galega, da historia da Gallaecia que non se conta ou da fala, entre as que houbo oco para a esperanza, representada en iniciativas como Pardiñas, "un lugar a onde peregrinar", e para lembrar aos que xa non están, como Manuel María —dedicábaselle o festival—, Díaz Castro, Fernández Paz, Chao Rego ou Neira Vilas, tamén lembrado polo seu amigo Tadashi Yamamoto, quen leu un anaco da tradución que está a facer ao xaponés de ‘Memorias dun neno labrego’.

Fátima Fernández recitou o poema ‘Carta a un poeta’, en representación do cento de nenos e rapaces premiados nun Certame de Creación, cuxa entrega de regalos pechou os actos verpertinos e deu paso aos concertos nocturnos, con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, e os grupos FullSet e Fanfarria Taquikardia.

O Festival de Pardiñas, "un lugar a onde peregrinar"
Comentarios