''Pérdome por unha boa mariscada... e tamén por unha 'mala' muller''

Foto: SEBAS SENANDE
photo_camera Foto: SEBAS SENANDE

Tras anos de viaxes, o pintor lucense Alfredo Labajjo busca a inspiración en escenas da súa terra

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta e cando as ideas que teño na cabeza quedan plasmadas no lenzo como quería e se, para rematar, vén alguén e o compra xa é incrible. O peor e tomar a pintura como un traballo, é mellor vela como unha afección.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Ao mesmo. É unha profesión cómoda, e non hai xefe que te podia botar á rúa porque xa estás na rúa.

3. O soño que máis se repite é...

Que me toca a lotería, eu xogo para que me toque.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Viaxar por Europa.

5. ¿A quen admira?

Picasso, Rembrandt, Goya, Velázquez...

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

De nada, aínda que non estea totalmente satisfeito con todo o que fixen.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

E segredo, ¿non?

9. ¿Que cita subscribiría?

«Nunca te arrepintas do que non fixeches. Se o deixaches pasar será que non tiñas verdadeiro interese». É miña.

10. ¿Que coche ten?

Dous, un Mercedes que ten 25 anos e que nunca me parou, e outro novo por se me para.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Non teño caprichos caros.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Tardei moitos anos en ter algo propio, vivín sempre de aluguer. Agora teño unha finca coa casa e o taller en Friol, e cabalos e cans,así que supoño que todo iso. Pero sigo pensando que terlle cariño a unhas pedras é un pouco estúpido.

13. Unha toleada que fixera por amor.

Percorrer miles de quilómetros por media Europa por unha muller.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Moitas cousas, por exemplo, que cociñara mal, ¡é broma!

15. ¿Teñen algún pacto?

Non, os pactos son para saltalos.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

A capacidade de crear vida, son moito máis importantes que os homes.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘La navaja inglesa’, a última novela de José de Cora.

18. Non sae da casa sen...

O paraugas, se chove.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A luxuria, seguro.

20. Algo que nunca falte na súa neveira.

Auga.

21. Pérdeo un bo...

Unha boa mariscada... e unha ‘mala’ muller.

22. Unha prenda que desteste.

Os abrigos, non teño nin un.

23. As súas mellores vacacións foron...

Hai moito que non collo vacacións.

24. A súa viaxe soñada sería a...

Tahití. É a imaxe do paraíso.

25. A paisaxe que máis o impresionou.

Friol, por iso me quedei a vivir.

26. ¿E a súa materia pendente?

Coñecer a cidade de Nova York.

«PICASSO ERA UN HOME, NON UN DEUS»

1. Ten sona de ser un home sinxelo e rachado. ¿Como controla un o ego cando o mesmo Picasso lle eloxiou o seu traballo?

Cando o coñecín constatei que Picasso era só un home, non un deus, e creo que el mesmo non era consciente de toda a xenialidade que posuía. Naquel momento non me pareceu nada tan extraordinario nin tan difícil que el louvase as miñas pinturas.

2. Parente dos recoñecidos pintores Rodríguez Corredoira e Tino Grandío, ¿a súa arte e desas que veñen no ADN?

Posiblemente, eu creo que para os pintores o dito ten que ser «faste, pero tamén se nace».

3. Elixa un interlocutor para unha conversa agradable, ¿un intelectual ou un paisano da súa terra?

Aos dous, o primeiro porque ‘voa’ moito e o segundo porque ten os pés na terra.

4. Goza pintando imaxes costumbristas, ¿que atopa nelas para que sexan a súa fonte de inspiración?

É ben difícil de explicar. Un non sabe por que unha imaxe lle chama a atención, só sabe que a ten que plasmar.

Comentarios