Pequenos consumidores

Gabriel Estébanez, Mario Rodríguez, Azucena Prado, David Fernández e David Vázquez (de esquerda a dereita). ama
photo_camera Gabriel Estébanez, Mario Rodríguez, Azucena Prado, David Fernández e David Vázquez (de esquerda a dereita). ama

Os alumnos do colexio Santa Rita de Galdo converteron este ano ao centro nun dos máis responsables da comunidade galega. A fazaña foi posible trala participación na oitava convocatoria do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis, no que un dos grupos do centro viveirés conseguiu o segundo premio.

O certame incluía un xogo online, mediante o cal os nenos fixeron un itinerario con probas. A actividade tiña unha parte pedagóxica con fichas para que os participantes lograsen coñecementos sobre consumo que lles axudaban a pasar as probas. O xogo tamén penaliza os fallos. Nesa primeira parte, que rematou antes do Nadal, obtiñan unha puntuación.

O xogo pón aos nenos unha situacón real de compra ou unha reclamación, obrigándoos a mirar como debe ser o etiquetado, a comprobar os tiques da compra ou a buscar obxectos. Todo isto ten que ver con aprender a consumir. Os estudantes souberon que teñen que elixir o que mercan en función da necesidade e non do que está de moda, ademais de coñecer algúns dos seus dereitos como consumidores, tamén o aforro e a reciclaxe.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios