Pequena grande artista

Irea Cendán, actriz pontesa de oito anos (Foto: EP)
photo_camera Irea Cendán, actriz pontesa de oito anos (Foto: EP)

Irea Cendán é un caso excepcional. Activa, moi creativa e cunha madureza impropia para a súa curta idade. Esta nena das Pontes de oito anos sorprende polo que fai, pero sobre todo por cómo o expresa.

Comezou con tan só tres aniños a desenvolverse con normalidade no mundo do teatro e en pouco tempo, grazas aos contactos do seu pai, participou como figurante en ‘Padre Casares’ e en ‘Matalobos’, dúas das series máis exitosas da Televisión de Galicia. Estas, ademais, non foron as únicas incursións da pequena Irea no mundo audiovisual, xa que protagonizou un videoclip dun grupo islandés e fixo, tamén, un anuncio institucional.

A moza, sorprendentemente, réstalle importancia. «Gústame moito actuar, pero o cásting que fixen foi fácil, só tiven que dicir unhas frases con distintas entonacións», comenta. O seu pai, Xose Cendán, incide no feito de que a soltura e a naturalidade coa que Irea fala en galego, é un punto forte ao seu favor, e é o que axuda á súa elección.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios