Pepe Pol: ''El mejor premio es el lector, el sentimiento que produces en él''

Pepe Pol.
photo_camera Pepe Pol.

Pepe Pol, nado en 1954 en El Campo de Gibraltar, chegou a Galicia hai case 30 anos para atoparse coas súas raíces. Seu pai era de O Courel. Escritor, educador e defensor incansable do medio ambiente, non deixou de participar en certames literarios.

Pepe pol é un home polifacético. Escritor, defensor do medio ambiente, cronista oficial de Quiroga e mestre no colexio de dita localidade. José Reinaldo Pol García, Pepe, conta cun sen fin de galardóns por toda a súa obra, tanto de poesía, como de prosa e investigación. Na actualidade, entre outros traballos, está a participar nun concurso de relato breve a nivel nacional no que presentou un dos seus últimos relatos. Ademais, continúa o seu exercicio como docente e mantén varias colaboracións en diferentes xornais dixitais.

Un dos seus últimos relatos curtos está a participar no concurso dun medio dixital no que o premio é a públicación en papel. Por que decidiu presentarse?

Non foi algo que saíra realmente de min, a verdade, xa que non fun eu quen o descubriu. Aínda así, a posibilidade chegou a min, polo que pensei que non debía desaproveitala. Teño moitos amigos que son bos coñecedores das miñas inquedanzas e afecións, polo que se por calquera motivo coñecen algunha iniciativa na que poidan encaixar os meus traballos coméntanmo rapidamente. Neste caso, faloume un amigo de Barcelona dun concurso que se realizaba por segunda vez, un concurso no que publicarían o mellor relato curto, así que non o pensei moito e mandeino. Eu, que son moi defensor dos valores ecolóxicos e de todo o relacionado coa natureza, participo cun relato que trata un pouco isto. O título do relato é ‘O Borriquito’, unha carta de catro páxinas que escribo a un burro.

Por que un burro e non outro animal?

O burro representa a todos os mansos, ós coitados e débiles do mundo. O burro é un animal en perigo de extinción, coma moitos outros, por desgraza. Todos estes seres precisan dunha voz que fale por eles, que se poña na súa pel e poida transmitir a súa situación. Creo que eu son un pouco esa voz. Estes animais son os seres máis nobres e mansos, os que representan á sociedade sufridora.

Moitos dos seus traballos están estreitamente vinculados coa temática do medio ambiente. Desde cando ten esa sensibilidade polo tema?

Desde sempre foi así, aínda que lembro que, cando era un neno, con catro ou cinco anos, na casa de meus pais pasou algo que quizais axudara no afianzamento desta sensibilidade. Naquela casa había unha árbore que vía todas as mañás dende a ventá, ata que un día non estaba, alguén a talara. Un desgusto terrible. Botei unha chea de bágoas sentado a carón do tronco. Penso que este feito foi un pouquiño o causante da miña afección e preocupación pola natureza. Disto veñen todas as preocupacións que me acompañaron ó longo da miña vida.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios