Piensa en global y actúa en local

ADE2412P73F1.JPG
photo_camera ADE2412P73F1.JPG

lolo , Pisco ou Cuco así lle din a Manuel Vázquez Fernández. En Galicia o nome fala de seu: foille ben en Cataluña pero cazouno a globalización: casa con catalana auténtica, e o seu fillo que traballa en Bruxelas emparella con holandesa empregada da universidade en Barcelona.

Cómpre remedio: «En Cataluña os pinos non dan sombra»; ben dito e ben feito, volta a Galicia, a un paraíso entre tolerantes «rabudos», herdeiros de rabinos e xudeos, nas terras de Escairón, separadas das de Chantada polo Miño e poboadas de rivais «papeiros», semella que papistas en crisol.

Aquí mesmo disfruta do sublime canto do cuco: «Sae do cubil por marzo ou abril, cando comeza a pesca… o seu canto sutil supera ás sinfonías de Beethoven… pero ten coidado de non escoitalo antes do almorzo porque quedas capado (a muller non ten ese terrible risco)… para evitalo come moito, ben e cedo co apoio dun grolo xeneroso de augardente, da boa».

A grandeza do sinxelo.

Comentarios