A película 'Romasanta' serve de base para o primeiro 'movie map' de Lugo

Julio Fernández, José Ramón Gómez Besteiro e Alfredo Conde, este xove (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Julio Fernández, José Ramón Gómez Besteiro e Alfredo Conde, este xove (Foto: Sebas Senande)

O presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou onte o seu respaldo a unha «iniciativa que permite relacionar o cine e o medio ambiente cunha actividade económica como é o turismo». Besteiro participou na presentación do primeiro 'movie map' da provincia de Lugo, que se basea na película 'Romasanta, que foi feita no marco das Xornadas de Turismo Cinematográfico e Dinamización Económica do Territorio.

O responsable provincial referiuse a  'Vicky, Cristina, Barcelona' como exemplo da eficacia do cine para incrementar os visitantes a unha cidade «que resulta digna de ser visitada». Besteiro mostró su confianza en que a producción audiovisual lucense poida ser tamén un elemento que promueva o turismo.

O 'movie-map' de 'Romasanta'  foi realizado por alumnos da Fundación Tic, que preside José Antonio Corredoira. Un deles, Xabier Piñeiro, comentou que escolleron «as esceas máis importantes da película para elaborar un mapa, tanto en papel como internet, no que aparecen os lugares nos quese rodaron e unha serie de datos referidos a ese lugar ou a outros cercanos que tengan interese».

O director de Filmax, Julio Fernández, participou na presentación como produtor de ' Romasanta', unha cinta baseada na novela homónima de Alfredo Conde, tamén presente no acto. Fernández ten claro que «as localizacións son a locomotora para atraer á xente».

«Hai un movemento mediático que se pon en marcha dende que se di que se vai facer unha película. Fálase das localizacións antes de que se faga o filme, cando se empeza a rodar, cando se está rodando e cando se remata; tamén cando se fai a preestrea, a estrea en vídeo e en televisión,...», apuntou o produtor de Cereixido.

O presidente de Andalucía Film Comission, Carlos Rosado, estima que ese proceso puede durar «entre catro e cinco anos» durante os que se están facendo referencias aos espazos de rodaxe e durante os que se pode constatar «un aumento de entre un 15 e un 20 por cento».

Publicidade

Julio Fernández incidiu no papel do cinema como vehículo de transmisión publicitaria moito máis poderoso ca publicidade habitual ou ca televisión — «que é máis local»—, chegando a defender que 'The way', con Martin Sheen na interpretación e Filmax na produción, «mobiliza xente de todo o mundo» ata o punto de que «non houbo ningún elemento de publicidade como esta película».

Atendendo ao caso concreto da Fonsagrada, sinalou o cambio qu e experimentou coa rodaxe do documental 'Eloxio do horizonte', que conta o paso dun ano na Fonsagrada. «Reflectiuse no estado de ánimo, atopamos pesimismo, pero acabou mobilizándose todo o concello».

Alfredo Conde cinguiuse a un plano anecdótico, comentando que un espectador da versión cinematográfica comentoulle o seu desexo de visitar os lugares onde viviu Romasanta, que el situaba na Fonsagrada, cando o criminal que inspirou o texto viviu en terras de Ourense.

PROGRAMA

  • Actividad en Sarria e A Fonsagrada. As actividades destas primeiras xornadas continuarán hoxe co paso por terras de Sarria. A casa de cultura acollerá a comunicación de experiencias a cargo de Piluca Querol, de Rutas de Cine de Andalucía, e de un representante do Concello de Llanes.
  • Dinamizador. O cinema como elemento dinamizador será o tema dunha mesa redonda con José Antonio Corredoira; Piluca Querol; o director do Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla, e a concelleira de Cultura local, Paula Vázquez.
  • O Incio. Para a tarde está previsto utilizar o dispositivo de 'movie map' en lugares de O Courel, como O Incio, onde verán unha señora elaborando xabón tradicionalmente.
  • 10.30. A xornada do sábado comezará coa avaliación da experiencia e con unha segunda proba do 'movie map' nas Terras de Burón. Entre eles, figuran a semieira de Vilagocende ou a igrexa de Cereixido.

Comentarios