Pat Martino e Bergonzi, estrellas del Festival de Jazz de Lugo más femenino

O cartel do festival de jazz, nas rúas de Lugo. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera O cartel do festival de jazz, nas rúas de Lugo. (Foto: Pepe Tejero)

Os organizadores do Festival de Jazz de Lugo bromean con que todos os anos durante unha semana de novembro se habilita unha liña aérea entre o aeroporto JFK de Nova York e o de Rozas, en Lugo. Este ano ese corredor imaxinario trasladará ao guitarrista Pat Martino e máis ao saxofonista Jerry Bergonzi, que se suman a outras figuras para unha celebración que se desenvolverá entre o venres e o día 16.

Ambos os dous músicos tocarán no principal dos tres escenarios, o Círculo de las Artes, que contará o luns co ex de Clunia Jazz Nani García (día 11), estando previsto que o día seguinte sexa o escenario para Opus 5. A quenda do guitarrista Pat Martino chegará o día 13. O representante dos organizadores José Luis Díaz apuntou que «é un dos guitarristas de maior calidade» e referiu a anécdota de que «perdeu a memoria por un accidente cardiovascular e houbo de aprendeu a tocar de novo, sendo a única persoa no mundo que aprendeu a tocar escoitando os seus propios discos».

Os concertos non serán gratis

Os concertos do festival deixarán de ser gratuítos, pola evidente coxuntura económica. As entradas pasan a custar dez euros para o Círculo, sendo o bono de 40 euros. As actuacións no Clavicémbalo son a cinco euros, agás nas sesións dobres, cando soben a dez. Os dous concertos da Casa do Saber serán de entrada libre.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios