lunes. 27.01.2020 |
El tiempo
lunes. 27.01.2020
El tiempo

Pastoriza juega al trivial de la recogida selectiva de basura

Alumnos de sexto de primaria do colexio O Salvador da Pastoriza, co trivial xigante de Sogama (Foto: EP)
Alumnos de sexto de primaria do colexio O Salvador da Pastoriza, co trivial xigante de Sogama (Foto: EP)

Os alumnos e alumnas do colexio O Salvador, da Pastoriza, que forman parte do proxecto piloto ‘Illas de reciclaxe escolares’ impulsado por Sogama, xogaron a un trivial xigante que puxo a proba os seus coñecementos en materia de residuos.

A través de diferentes partidas por clase, para non mesturar idades, e con 120 preguntas sobre recollida selectiva, separación de residuos, xestión de refugallos, recipientes de recollida e outros moitos temas, os escolares demostraron os seus coñecementos.

Sogama impulsa estas actividades co obxectivo de concienciar sobre a idea de que «seleccionar o lixo é moi sinxelo» e encontrar «unha modificación da conduta que, a través dos propios nenos, poderá estenderse, dada a súa alta capacidade de influencia, ás familias e ó ámbito social».

A entidade pública, encargada de tratar o 82% do lixo xerado en Galicia, entregou ao colexio pastoricense tres contenedores ecolóxicos (amarelo, verde e azul) de 120 litros de capacidade. Ademais, o centro contará cun composteiro que lle permitirá fabricar abono natural a partir dos restos orgánicos xerados no comedor escolar, que utilizarán posteriormente na súa horta e xardíns.

Pastoriza juega al trivial de la recogida selectiva de basura
Comentarios