miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

Paso adiante e recuar, Galicia

D ía de festa hoxe, para gozar no colectivo; pero tamén reivindicativo, para evitar que se siga dando «un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move», como deixou escrito hai máis de medio século Díaz Castro, recordado este ano pola celebración das Letras Galegas. Porque aquí progresouse, pero tamén se recuou. Na normalización da lingua volvemos cara atrás logo de que empezaramos a dar pasos cara adiate en 1983, e coa escusa da crise tamén minguamos en sanidade e en educación, os piares básicos sobre os que se asenta o benestar. E se se confirma a nova lei que está en marcha desaparecerán todos os partidos xudiciais que non estean nas capitais de provincia, proceso involutivo no achegamento da xustiza aos cidadáns. Logros de décadas derrubados en anos. Parecemos a tecedora Penélope, e peor que non avanzar é desfacer o camiño andado.

Paso adiante e recuar, Galicia
Comentarios