A parricida de Noia casa e gaña un concurso por un relato de... ¡terror!

Pola prensa enterámonos esta Semana Santa de que a parricida de Noia casou cun suposto amante e que incluso gañou na prisión de Mallorca un premio literario por un relato de terror. O conto, en catalán, era de estética manga. Mónica Juanatey, que matara o fillo e metera os restos nunha maleta, evitou falar do caso.

A chofer negra de Cela nega que tivera unha aventura co escritor
El Mundo localiza nos EE UU a Vivian Gordon, a chofer negra coa que o Nobel galego Camilo José Cela fixo hai 27 anos o Nuevo viaje a la Alcarria. Desmitifica a imaxe de mullereiro do escritor, avivada por Marina Castaño, e di que con ela non tivo nada. Iso si: compartiron suite, pero non cama.

Leo Bassi responde ao estilo Fraga: con gaiteirada en pleno Obradoiro
Na súa polémica co alcalde de Santiago, o coñecido bufón Leo Bassi quere imitar a Manuel Fraga e facer unha gran gaiteirada na praza do Obradoiro este xoves, a partir das 10.30 da mañá. Conde Roa negáralle o Teatro Principal para actuar e, ao final, o italiano farao na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Comentarios