Pardo de Neyra: ''Fernández de la Vega tiña unha visión didáctica dos faladoiros''

Xulio Pardo de Neyra, onte na Praza da Soidade. XESÚS PONTE
photo_camera Xulio Pardo de Neyra, onte na Praza da Soidade. XESÚS PONTE

O profesor da Universidade da Coruña Xulio Pardo de Neyra explicou onte en Lugo que Celestino Fernández de la Vega «foi adquirindo unha conciencia didáctica dos faladoiros» que se organizaban nos cafés de Lugo no anos posteriores á súa chegada á cidade en 1925 para estudar bacherelato dende o seu Friol natal. Esa conciencia mantívoa ao longo da súa vida e ten especial importancia para que empece a considerarse galeguista no salto da década dos 40 á dos 50.

Pardo de Neyra falou sobre Lugo como capital cultural -«tanto como a capital cultural de Galicia que foi parcialmente como do capital de cultura» que había na cidade»- nas xornadas ‘Tempo e pensamento de Celestino Fernández de la Vega’, que organizan a USC e a Deputación co gallo do centenario do nacemento do pensador.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios