jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Parálise ante os cambios institucionais

(*)

Dáme a sensación de que en España algúns partidos teñen un atroz medo paralizante a variar o máis mínimo na Administración a pesar dos seus fallos estruturais. Senón non se explica que haxa quen non considere a reorganización do modelo territorial, aínda que sexa criticable o seu patrón. Pode ser censurable que UPyD, na súa involución, reclame a recentralización unificadora como se non houbera diversidade en España; ou ser reprobable a postura do PSOE de defender unha reforma federal porque se vexa asimétrica, como se agora non o fora, co cupo vasco e o foro navarro. Pero cando os nosos veciños do norte dos Perineos deciden reducir as rexións das 22 actuais a case a metade, trece, nós nin cuestionamos as mesmas 17 comunidades e as 50 provincias que temos, coas súas institucións, non vaia ser que se reduza o poder das oligarquías políticas, que no fondo vén sendo iso.

(*)Se respeta el idioma original de publicación del artículo

Parálise ante os cambios institucionais
Comentarios