Papa e moto

SE ALGUÉN escribise un guión sobre a vida dun Papa como en ‘Habemus Papam’ e contase que o Santo Pontífice almorzaba con indixentes no Vaticano e repartía entre necesitados as pulardas de Ourense donadas por unas monxas pensaríamos que efectivamente falabamos dunha ficción.

Sen embargo, o xesuíta Jorge Mario Bergoglio, que renunciou o anel do Pescador en ouro, é un paisano boa persoa na santa sé, un Arsenio Iglesias culto na xerarquía dunha Igrexa que pecou de impura e hermética.

O Papa Francisco vén de bautizar á filla dunha parella casada polo civil, algo impensable hai ben pouco. Ademais nunha entrevista recoñeceu que a institución estaba «obcecada co aborto e o matrimonio homosexual».

Este home, que non dubidou en subir ao seu papamóbil a un colega arxentino, vai subastar agora a súa chupa e unha moto Harley Davidson que lle debeu regalar a marca polo seu 110 aniversario.

Son moitos xestos que definen a unha persoa humana, que antepón a mensaxe de amor de Xesús ó inmobilismo da Igrexa e dos seus dogmas.

Bergoglio comparte o pan con indixentes e necesitados, non está moi preocupado polos exorcismos e loita para que a humanidade volte á fe.

Francisco é todo un personaxe para ser Papa, pois tamén contou que serviu copas de novo nunha discoteca como axuda para os seus gastos.

Comentarios