Pan con pan, empanada de Chantada

Un dos perfís típicos que se atopaba na festa da empanada de Chantada. (Foto: Toño Parga)
photo_camera Un dos perfís típicos que se atopaba na festa da empanada de Chantada. (Foto: Toño Parga)

OS CHANTADINOS levan unha semana demostrando que entre os aires do Faro e as aguas do Miño se medra de xeito diferente, que no corazón de Galicia hai sempre forza para ir de festa e volver aló. Onte, o Castro de San Amaro acollía a última verbena das celebracións de verán da vila do Asma e despois de olimpiadas rurais, descenso de carrilanas, Folión de Carros e comidas pantagruélicas varias, os chantinos ou chantadeses, como gustan de que se lles chame para desafiar os xentilicios oficiais, quedaron con forza de sobra para afrontar a traca final coa festa da empanada.

A celebración segue o patrón de calquera romería galega ao uso. Comida entre amigos, empanada como prato de referencia, mesas á sombra dos carballos, viño para acompañar e algo de música para a tarde. Pero fóra desas liñas xerais cada grupo pode imprimirlle o carácter que lle pete e ese carácter dá para un estudo antropolóxico.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios