Palimoco para los lugueses!!!

Algunos de los asistentes ayer en al montaje de Palimoco (Foto: EP)
photo_camera Algunos de los asistentes ayer en al montaje de Palimoco (Foto: EP)

A agrupación Palimoco encheu a mañá de onte de alegría e emoción coa representación teatral do espectáculo ‘Queres que cho conte?’ no Museo provincial de Lugo. Os integrantes encargados de achegar a cultura a grandes e pequenos son un grupo de sete actores e músicos que presentan o seu número en directo e que chegan dende diferentes lugares. Lograron onte un cheo no claustro  do Museo Provincial, nunha xornada perfecta para gozar dun espectáculo ao aire libre, entre sol e sombra, deitado na herba mentres chegan os contos, as músicas e os sorrisos.

Unha das cousas máis salientables destas sesións vén pola interactividade dos actores cos máis pequenos, conseguindo deste xeito que non perdan a atención ao mesmo tempo que disfrutan e aprenden.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación de Lugo, denominada ‘Cultura sobre rodas’, que pretende achegar a cultura a todas aquelas asociacións lucenses que o desexen e soliciten coa posta en marcha de numerosas  actividades.

O de onte foi a teatralización dunha escolma de contos populares, que están recollidos nun CD, baixó o mesmo título. ‘Queres que cho conte?’. Son narracións para os máis pequenos da casa cunha mestura de música e teatro. O disco compacto vén acompañado dun libro, que foi editado tamén pola Deputación de Lugo. Este conxunto dá lugar a unha síntese das novas tecnoloxías coa tradición que transmiten os contos e lendas máis representativas da literatura oral tradicional.

O público familiar é o principal obxectivo deste espectáculo dos actores da compañía luguesa e, segundo os promotores da iniciativa, o fundamental de ‘Queres que cho conte?’ reside en potenciar o tecido asociativo dos municipios e parroquias de Lugo, «dado que son estes pequenos colectivos os que apostan por achegar e potenciar a actividade cultural de base nestes momentos nos que, dada a crise económica, os recursos son escasos». Esta edición componse por un total de 45 funcións repartidas en quendas; unha polas mañas e  dúas máis nas tardes.

Comentarios