Pasión por la música

Patri da Silva. (Foto: AMA)
photo_camera Patri da Silva. (Foto: AMA)

Os Recantos do programa da TVG ‘Luar’ congregan cada venres diante da televisión aos seguidores da laurentina Patri da Silva, encargada este ano de representar á comarca no concurso da cantiga en galego. Na primeira fase do certame, Da Silva cantou o bolero ‘Perfidia’ co que obtivo 23 puntos, unha das puntuacións máis altas da súa ronda e agora, este mesmo venres, defenderá a súa posición co pasodoble ‘El beso’, pero en galego co que será ‘O bico’.

Co fin de animala durante o directo, o seu clube de fans xa ten artellada unha viaxe a Santiago para a que xa hai anotadas corenta persoas. «Irá un autobús grande con xente de distintas partes da comarca e, por suposto, de Lourenzá», explica Patri, que recalca o seu agradecemento «a toda a xente da Mariña, amigos e veciños de Lourenzá polo enorme apoio e cariño, porque todos eses ánimos que me brindan daranme forza para deixar nunha boa posición A Mariña».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios