Países divididos, sinal de febleza

OS GRANDES e pequenos países vense nas ocasións, e non dependen do tamaño, senón do comportamento da xente que os habita. Exemplo de grande foi Estados Unidos cando logo dunhas eleccións dubidosas, nas que o candidato gañador en representantes (Bush fillo) foi o perdedor en voto popular, tivo os cidadáns detrás nas súas decisións, algunhas delas moi discutibles, como a guerra de Iraq. Porque despois dos comicios, o presidente é incuestionable, e de todos. Exemplo de pequenos, os que manteñen bandos irreconciliables. Os máis claros agora son Venezuela e Ucraína. A igualdade na elección presidencial fortaleceu os opositores venezolanos, que esgrimen a mala xestión para derribar o goberno. E ao norte do mar Negro, a división é tal que o sangue que correu en Kiev ameaza con estenderse. E sen ir máis lonxe, aquí seguen pervivindo as dúas Españas como sinal de febleza como país.

Comentarios