Paintball y patinaje son las nuvas actividades de las Noites Alternativas

As actividades do programa das Noites Alternativas de Viveiro reanúdanse este fin de semana con paintball e patinaxe. O venres haberá unha tarde-noite de portas abertas no campo de paintball de Galdo, Os interesados poderán achegarse a partir das 16.30 horas e as partidas faranse con equipos de catro ou cinco persoas. Non é necesario inscribirse, abonda con presentarse no campo para participar.

O programa, que organizan a delegación de xuventude de Viveiro e a empresa Roq Sport, ofrece o sábado unha novidosa iniciativa: a primeira Patinada Concello de Viveiro. Todos os que desexen participar deben estar na explanda do pavillón municipal de deportes a partir das 18.00 horas, para gozar dun recorrido en patíns polo paseo marítimo de Viveiro. Ademais, a partir das 20.00 horas na Praza Maior haberá clases de iniciación ó streetsurfing. Logo faranse yincanas de habilidade e carreiras.

Para estas últimas actividades será necesario apuntarse na tenda de deportes Roq Sport, na Praza Maior, xa que os 100 primeiros inscritos recibirán de regalo unha camiseta. Tamén haberá sorteos e regalos para os participantes do evento, no que colaboran as firmas Louzao e Powerslide.

Comentarios