''Pacté con mi pareja que íbamos a ser muy felices y comer perdices''

Teto asegura que no mesón do Forno, en Lugo, se aprende a mellor maxia. Senón, en Hogwarts

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta é a xente que coñeces e o que menos, os quilómetros de ‘furgo’, o menú de estrada e os hoteis.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Á maxia ou ao rock and roll.

3. O soño que máis se repite é...

Seguir vivindo da miña paixón, a maxia.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Pouco, cada cousa ten o seu momento.

5. ¿A quen admira?

Na maxia, a Juan Tamariz e René Lavand, entre outros. E despois aos futbolistas Maradona e Julio Alberto, ¡e sen esquecer ao gran Tojeiro!

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Arrepentirse é de cobardes, pero eu arrepíntome de non acabar a carreira para ter unha bonita orla colgada na casa dos meus pais, que lles faría ilusión.

7. ¿Que cita subscribiría?

«Me voy a ir andando por caminos de soledades para ir sembrando en sus orillas mis libertades», de Manolillo Chinato.

8. ¿Votou nas últimas eleccións?, ¿atrévese a dicir a quen?

Non votei, non creo no sistema electoral actual.

9. ¿Que coche ten?

Unha Mercedes Viano que tamén ten nome propio, chámase ‘a tetoneta’.

10. ¿Cal foi o antoxo máis caro que mercou?

O primeiro single en vinilo do grupo Los Suaves, do ano 1981.

11. ¿E o o seu ben material máis prezado?

Os meus libros de maxia e a miña colección de vinilos.

12. Unha toleada que fixera por amor...

Ver ‘Gran Hermano’.

13. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Que me escondese a baralla.

14. ¿Teñen algún pacto?

Ser felices e comer perdices.

15. O máis difícil da convivencia é...

¡Aturarme!

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

A beleza.

17. ¿Que libro ten na mesiña de noite?

O manual da tele.

18. Non sae da casa sen...

Unha baralla.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A luxuria, porque mola mogollón.

20. ¿Que é o que nunca falta na súa neveira?

Cervexa, licor café e xamón ‘rico rico’.

21. Pérdeo un bo...

Polbo ¡á feira!

22. Séntese cómodo vestido con...

Vaqueiros.

23. ¿Que calzado lle gusta levar en cada ocasión?

As Converse All Star vermellas, de feito, lévoas sempre.

24. Unha peza que deteste...

As garabatas.

25. As mellores vacacións da súa vida foron...

En Rapa Nui (Illa de Pascua).

26. A súa viaxe soñada sería a...

India.

27. A paisaxe que máis o impresionou...

Sen dúbida, a do Machu Picchu, o formidable poboado construído polos incas.

«TEÑO MÁIS DE COPPERFIELD QUE DE POTTER»

1. ¿De quen diría que ten máis: de Harry Potter ou de David Copperfield?

Home, ¡creo que teño máis de Copperfield!

2. Para poder vivir dunha profesión como a súa, ¿que tipo de maxia hai que facer a cotío?

Pois ensaiar moito, estudar, investigar, comer, cear e, sobre todo, gozar.

3. Por certo, ¿onde se aprende a ser mago?

En Lugo, no Mesón do Forno. No resto do mundo teñen que conformarse con estudar en Hogwarts.

4. Din que predice os titulares de prensa cunha semana de antelación, imos facer a proba...

Vexamos: «Chove en Galicia e no resto de Galicia», «Entradas esgotadas para as galas do LugoMáxico 2013», «Novos imputados por casos de corrupción», «Urgandarín entra no choupelo»...

5. Se tivera que elixir un libro, unha película e un grupo musical, ¿cales serían?

O libro, o ‘Manual de la oscuridad’ de Enrique de Hériz; a película ‘A vida de Brian’ e grupo musical AC/DC.

6. A súa materia pendente...

¡Relixión!

Comentarios