Paco Pestana arrasa como pregoeiro en Castroverde subido a unha excavadora

Frases coma "que ricos están estes berberechos" ou "tocalle un pasodobre" completaron un discurso do artista, cheo de referencias á súa infancia na súa terra natal
Paco Pestana dá o pregón de Castroverde desde unha excavadora
photo_camera Paco Pestana dá o pregón de Castroverde desde unha excavadora

Castroverde celebra este sábado o día grande das festas de Santiago e a sesión vermú foi cando menos sorprendente.

Para este día, os hostaleiros –organizadores dos festexos– encargaronlle o pregón ao polifacético Paco Pestana –oriundo do municipio– que entrou no campo da festa subido no cazo dunha excavadora acompañado coa música dunha charanga.

Salpicado de frases coma "que ricos están estes berberechos" ou "tocalle un pasodobre", Pestana fixo un discurso cheo de referencias á súa infancia na súa terra natal. Despois do escultor e pintor tomou o relevo a orquestra Stereo.

Comentarios